Logo Consellerías


Navegador Navegador
  
  
      Conservación da Natureza

 

« Rede Natura 2000 en Galicia »
Baixo Miño

 

  • Superficie: 2.792 Ha.
  • Altitude media: 9 m.
  • Rexión bioclimática: Atlántica.
  •  Concellos: A Guarda, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza e Padrenda.
  • Data: 2001
Mapa do LIC en formato DXF

Escala 1:50.000

Escala 1:5.000

 

Esteiro do río Miño situado na fronteira entre España e Portugal. Nas ribeiras existen manchas de fraga ripícola e vexetación palustre. Durante o período invernal alberga un gran número de aves acuáticas. Conta con importantes poboacións de peixes, entre as que destaca o salmón que presenta neste río o seu límite de distribución máis meridional de Europa. Tamén é de salienta-la abundancia de lamprea, pescada tradicionalmente nestas augas, para a súa captura empréganse diques de deseño peculiar denominados localmente pesqueiras.

 Habitats

  • Esteiros
  • Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga cando hai marea baixa
  • Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
  • Dunas móbiles embrionarias
  • Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
  • Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
  • Uceiras secas europeas

 Flora

  • Isoetes (Isoetes boryana)
  • Jasione (Jasione lusitanica)
  • Tuberaria (Tuberaria major)

 Fauna

  • Rato de almiscre (Galemys pyrenaicus)
  • Lontra (Lutra lutra)
  • Parrulo cristado (Aythya fuligula)
  • Píllara dourada (Pluvialis apricaria)
  • Píllara cincenta (Pluvialis squatarola)
  • Avefría (Vanellus vanellus)
  • Sábalo (Alosa alosa)
  • Zamborca (Alosa fallax)
  • Lamprea (Petromyzon marinus)
  • Salmón (Salmo salar)
  • Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
  • Sapoconcho común (Emys orbicularis)
  • Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
  • Libélula (Oxygastra curtisii)

Información:

Para calquera cuestión ou aclaración adicional pode vostede dirixirse á:

Consellería de Medio Ambiente
Centro de Desenvolvemento Sostible
S.X. de Información, Formación e Tecnoloxía Ambiental

Solicitude de información
San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: