Logo Consellerías


Navegador Navegador
  
  
      Conservación da Natureza

 

« Rede Natura 2000 en Galicia »
Complexo Ons-O Grove

 

  • Superficie: 7.490 Ha.
  • Altitude media: 8 m.
  • Rexión bioclimática: Atlántica.
  • Concellos: Bueu, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño,  Sanxenxo e Ribadumia.
  • Data: 2001.
Mapa do LIC en formato DXF

Escala 1:50.000

Escala 1:5.000

 

Inclúe as Illas de Ons e Onza e o complexo intermareal Umia-O Grove. As illas, cubertas na súa maior parte por toxeiras, albergan nos seus cantís importantes colonias de corvo mariño cristado e gaivota de patiamarela. O Complexo intermareal Umia-O Grove caracterizase por presentar extensas superficies intermareais lamacento- areeiras cubertas maioritariamente por praderías de algas (seba). lnclúe ademais un notable sistema de dunas fixas. Durante o período invernal alberga unhas 13.000 aves acuáticas, trátase, polo tanto, da zona húmida máis importante para as aves en Galicia. Ademais presenta importancia internacional para a invernada de espátula común e importancia nacional para a invernada de gavita, píllara cincenta, pilro curlidico e agulla colipinta.

 Habitats

  • Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
  • Esteiros
  • Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga cando hai marea baixa
  • Lagoas costeiras
  • Vexetación anual sobre reboutallos mariños acumulados
  • Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
  • Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas
  • Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
  • Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
  • Mato halófilo mediterráneo e termoatlántico (Sarcocornetea fruticosi)
  • Dunas móbiles embrionarias
  • Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
  • Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
  • Dunas con céspedes do Malcomietalia
  • Uceiras secas europeas
  • Uceiras secas atlánticas costeiras de Erica vagans
  • Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion

 Flora

  • Rumex (Rumex rupestris)

 Fauna

  • Lontra (Lutra lutra)
  • Pato cullerete (Anas clypeata)
  • Charneco (Anas crecca)
  • Pato asubión (Anas penelope)
  • Llavanco real (Anas platyrhynchos)
  • Garza real (Ardea cinerea)
  • Pilro curlibico (Calidris alpina)
  • Pilro cubranco (Calidris ferruginea)
  • Garzota (Egretta garzetta)
  • Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus)
  • Galiñola negra (Fulica atra)
  • Gavita (Haematopus ostralegus)
  • Gaivota patiamarela (Larus cachinnans)
  • Agulla colipinta (Limosa lapponica)
  • Agulla colinegra (Limosa limosa)
  • Mazarico curlí (Numenius arquata)
  • Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)
  • Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)
  • Espátula (Platalea leucorodia)
  • Píllara cincenta (Pluvialis squatarola)
  • Pardela fuchabuchos (Puffinus puffinus mauretanicus)
  • Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
  • Bilurico aliluxado (Tringa totanus)

Información:

Para calquera cuestión ou aclaración adicional pode vostede dirixirse á:

Consellería de Medio Ambiente
Centro de Desenvolvemento Sostible
S.X. de Información, Formación e Tecnoloxía Ambiental

Solicitude de información
San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: