Logo Consellerías


Navegador Navegador
  
  
      Conservación da Natureza

 

« Complexo intermareal de Umia - Grove »

Descrición

p05eb11a.gif (58411 bytes)Sistema litoral constituído pola enseada do Grove, a Lanzada, punta Carreirón e lagoa de Bodeira. A ensenada do Grove  presenta extensas chairas intermareais fango-areosas e diversos illotes, e o istmo da Lanzada, dominado por dunas fixas, cubertas por comunidades psammófilas. A enseada do Grove alberga durante o inverno un importante continxente de aves acuáticas.

Asociada a este sistema encóntrase a lagoa Bodeira, situada na península do Grove, que representa un típico enclave de lagoa costeira e é a única existente na provincia de Pontevedra.

O arquipélago que forman as illas de Ons e Onza sitúase na boca da ría de Pontevedra e conta con interesantes acantilados e un considerable número de pequenos illotes. Neste medio insular sitúanse importantes colonias de aves mariñas.

Localización

  • Superficie: 4.368,7 ha.
  • Lonxitude: -8º 51’ 53’’
  • Latitude: 42º 27’ 11’’
  • Altitude máxima: 120 m.
  • Altitude mínima: 0 m.
  • Rexión bioxeográfica atlántica
Concellos.

Encóntrase localizado entre os concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, O Grove e Bueu, pertenecentes todos eles á provincia de Pontevedra.

Información cartográfica.

Localízase nas follas nº 151, 152, 184 e 185, correspondentes á Pobra do Caramiñal, Vilagarcía de Arousa, O Grove e Pontevedra, do mapa a escala 1:50.000 do I.G.N.

Climatoloxía.

A precipitación media anual é de 1.244 mm., cunha temperatura media anual de 14,6ªC. Non rexistra xeadas ningún día do ano. O clima é mediterráneo subhúmido de tendencia atlántica.

Información ecolóxica

Tipos de hábitats presentes e valoración que figuran no anexo I da Directiva 92/43/CEE.

Código Denominación
1110 Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña pouco profunda
1130 Esteiros
1140 Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga na marea baixa
1150 * Lagoas costeiras
1210 Vexetación anual pioneira sobre refugallos mariños acumulados
1230 Acantilados con vexetación das costas atlánticas e bálticas
1310 Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras de zonas lamacentas ou areosas
1320 Pasteiros de Spartina (Spartinion)
1330 Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-puccinellietalia)
1420 Matos halófilos mediterráneos e termoatlánticos (Arthrocnemetalia fructicosae)
2110 Dunas móbiles embrionarias
2120 Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
2133* Dunas costeiras fixas termo-atlánticas
2230 Dunas do Malcomietalia
3150 Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamiono ou Hydrocharition
4030 Uceiras secas (tódolos subtipos)
4040 * Uceiras secas costeiras de Erica vagans e Ulex maritimus
6420 Prados mediterráneos de herbas altas e xuncas (Molinion- Holoschoenion)

Entre os tipos de hábitat presentes, 3 (sinalados cun *) están catalogados como hábitats naturais prioritarios.

Especies de interese

Aves migradoras.

Alcedo atthis, Ardea purpurea, Asio flammeus, Calonectris diomedea, Caprimulgus europaeus, Chlidonias niger, Circus cyaneus, Circus pygargus, Egretta garzetta, Falco columbarius, Falco peregrinus, Gavia arctica, Gavia immer, Gavia stellata, Hydrobates pelagicus, Larus melanocephalus, Limosa lapponica, Lullula arborea, Phalacrocorax carbo sinensis, Philomachus pugnax, Platalea leucorodia, Pluvialis apricaria, Porzana porzana, Puffinus puffinus mauretanicus, Pyrrhocorax pyrrhocorax, Recurvirostra avosetta, Sterna albifrons, Sterna hirundo, Sterna sandvicensis, Sylvia undata, Uria aalgae ibericus, Phalacrocorax aristotelis, Ardea cinerea, Anas penelope, Anas strepera, Anas crecca, Anas platyrhynchos, Anas acuta, Anas clypeata, Falco tinnunculus, Fulica atra, Haematopus ostralegus, Charadrius hiaticula, Pluvialis squatarola, Vanellus vanellus, Calidris canutus, Calidris alba, Calidris ferruginea, Calidris alpina, Gallinago gallinago, Limosa limosa, Numenius phaeopus, Numenius arquata, Tringa totanus, Tringa nebularia, Arenaria interpres, Larus cachinnans, Corvus corax, Corvus corone, Columba livia, Tyto alba, Upupa epops, Alauda arvensis, Emberiza schoeniclus.

Mamíferos.

Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros, Myotis myotis, Lutra lutra, Tursiops truncatus, Phocoena phocoena.

Anfibios e reptiles.

Lacerta schreiberi.

Peixes que figuran no anexo II da Directiva 92/43/CEE.

Petromyzon marinus, Chondrostoma polylepis, Rutilus arcasii, Alosa alosa, Alosa fallax, Salmo salar.

Plantas.

Iberis procumbens ssp. microcarpa.

Invertebrados.

Euphydryas aurinia..

Outras especies importantes.

  Anfibios e reptiles: Triturus boscai, Salamandra salamandra, Discoglossus galganoi, Pelobates cultripes, Hyla arborea, Rana iberica, Chalcides chalcides, Chalcides bedriagaii, Elaphe scalaris, Coronella girondica

  Mamíferos: Pipistrellus pipistrellus, Talpa occidentalis

Figura de protección

En relación con CORINE BIOTOPOS

  • Biotopo CORINE nº B00500002 (Rías Baixas) e B0000016 (Ons)
  • ZEPA
  • Zona Ramsar
  • Espacio Natural en Réxime de Protección Xeral
  • Refuxio de caza.
  • IBA 002-003 (SEO/BirdLife)


Información:

Para calquera cuestión ou aclaración adicional pode vostede dirixirse á:

Consellería de Medio Ambiente
Centro de Desenvolvemento Sostible
S.X. de Información, Formación e Tecnoloxía Ambiental

Solicitude de información
San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: