|
«
Rede Natura 2000 en Galicia » Gándaras de
Budiño
Zona pantanosa con importantes
formacións de fraga de ribeira, tanto pola súa extensión
coma polo seu estado de conservación. A vexetación acuática
e de turbeiras está amplamente representada. É unha área
importante para aves acuáticas, en especial anátidas, entre
as que cabe salienta-lo charneco por ser esta a súa
principal localidade de cría regular en España.
Hábitats
- Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo
das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae)
- Lagos eutróficos naturais con vexetación
Magnopotamion ou Hydrocharition
- Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica
ciliaris e Erica tetralix Turbeiras de cobertor
- Depresións sobre substratos turbosos do
Rhynchosporion
- Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus
excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion
albae)
Flora
- Salgueiro (Salix salvifolia subsp. australis)
Fauna
- Fulepa grande (Acrocephalus arundinaceus)
- Fulepa lixeira (Acrocephalus scirpaceus)
- Charneco (Anas crecca)
- Garza pequena (Ixobrychus minutus)
- Cotovía pequena (Lullula arborea)
- Papoazul (Luscinia svecica)
- Papuxa montesa (Sylvia undata)
- Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
Información:
Para calquera cuestión ou aclaración adicional
pode vostede dirixirse á:
Consellería de Medio Ambiente Centro de
Desenvolvemento Sostible S.X. de Información,
Formación e Tecnoloxía Ambiental
Solicitude
de información
San Lázaro s/n 15781 -
Santiago de Compostela (A Coruña) Tlf.: 981-541-763
Fax: 981-541-765 | |
 |