Logo Consellerías


Navegador Navegador
  
  
      Conservación da Natureza

 

« Rede Natura 2000 en Galicia »
Illas Cíes

 

  •  Superficie: 990 Ha.
  • Altitude media: 24 m.
  • Rexión bioclimática: Atlántica.
  • Concello: Vigo.
  • Data:2001
Mapa do LIC en formato DXF

Escala 1:50.000 (*)

(*) O mapa a escala 1:5.000 non ten información que non estea contida no mapa a escala 1:50.000, polo que non se inclúe.

A súa importancia reside na riqueza en aves mariñas dos seus cantís así como o gran interese botánico destes e do singular sistema dunar.

Importantes colonias de corvos mariños cristados cunhas 1.000 parchas, unha das máis importantes de Europa, e de gaivota patiamarela que cunhas 20.000 parellas é unha das máis importantes do mundo.

 Habitats

  • Vexetación anual sobre reboutallos mariños acumulados
  • Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
  • Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
  • Mato halófilo mediterráneo e termoatlántico (Sarcocornetea fruticosi)
  • Dunas móbiles embrionarias
  • Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
  • Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
  • Dunas con céspedes do Malcomietalia
  • Dunas con vexetación esclerófila do Cisto-Lavanduletalia
  • Uceiras secas europeas
  • Uceiras secas atlánticas costeiras de Erica vagans
  • Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

 Flora

  • Angélica (Angellica pachycarpa)
  • Herba de namorar (Armeria pubigera)
  • Camariña (Corema album)

 Fauna

  • Píldora raiada (Arenaria interpres)
  • Gaivota patiamarela (Larus cachinnans)
  • Gaivota escura (Larus fuscus)
  • Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)
  • Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)
  • Pardela fuchabuchos (Puffinus puffinus mauretanicus)
  • Arao dos cons (Uria aalge ibericus)

Información:

Para calquera cuestión ou aclaración adicional pode vostede dirixirse á:

Consellería de Medio Ambiente
Centro de Desenvolvemento Sostible
S.X. de Información, Formación e Tecnoloxía Ambiental

Solicitude de información
San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: