Logo Consellerías


Navegador Navegador
  
  
      Conservación da Natureza

 

« Rede Natura 2000 en Galicia »
Macizo Central

 

  • Superficie: 45.196 Ha.
  • Altitude media: 1.185 m.
  • Rexión bioclimática: Atlántica.
  • Concellos: O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco e Montederramo.
  • Data:2001.
Mapa do LIC en formato DXF

Escala 1:50.000

Escala 1:5.000

 

Conxunto de serras e montañas prácticamente despoboadas e cubertas na súa gran parte por torgueiras. Ten un alto interese botánico debido en gran parte á presencia de comunidades de pasteiros como os cervunais e os formados por Festuca. Conserva algúns treitos de fraga autóctona, carballeiras principalmente, distribuídas nos arredores e cabeceiras dos regatos. Entre os vertebrados hai que salienta-la presencia de poboacións estables de lobo.

 Hábitats

  • Ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
  • Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix
  • Uceiras secas europeas
  • Uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo
  • Formacións montanas de Cytisus purgans
  • Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta
  • Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
  • Turbeiras de cobertor
  • Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
  • Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
  • Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
  • Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
  • Bosques de Castanea sativa
  • Aciñeirais de Quercus ilex e Quercus rotundifolia
  • Bosques de Ilex aquifolium

 Flora

  • Festuca (Festuca elegans)
  • Festuca (Festuca summilusitanica)
  • Afroixón (Narcissus asturiensis)
  • Esfagno (Sphagnum pylaisii)
  • Verónica (Veronica micrantha)

 Fauna

  • Lobo (Canis lupus)
  • Gato bravo (Felis sylvestris)
  • Laverca (Alauda arvensis)
  • Águia real (Aquila chrysaetos)
  • Bufo real (Bubo bubo)
  • Perdiz charrela (Perdix perdix hispaniensis)
  • Lagartixa da serra (Lacerta monticola)
  • Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)


Información:

Para calquera cuestión ou aclaración adicional pode vostede dirixirse á:

Consellería de Medio Ambiente
Centro de Desenvolvemento Sostible
S.X. de Información, Formación e Tecnoloxía Ambiental

Solicitude de información
San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: