|
« Parque Natural "Illas Cies" »
|
 |
Medio
Físico.
| Ubicación |
Vigo (Pontevedra) |
| Superficie |
434 Ha. |
| Data de
declaración |
17 de Outubro de 1980 |
| Lexislación |
Real Decreto 2947/80 de 17
de Outubro |
| Título |
Parque natural das Illas
Cíes |
Vostede pode visualizar no seu
ordenador este vídeo explicativo en inglés, vía
InternNet en formato RealVídeo
do programa gratuito RealPlayer
que pode descargar de RealNetworks
 |
| Arquivo |
para
modem |
1.565 KB |
| para
RDSI ou cable |
6.566 KB |
Xeoloxía,
xeomorfoloxía e clima.
O Parque Natural das Illas Cíes (Pontevedra)
foi creado en 1980, co obxectivo de preservar, conservar e
rexenerar este espacio natural, promovendo o seu coñecemento
e posibilitando un uso público compatible coa conservación
da natureza.
As Cíes teñen a súa orixe,
entre outros procesos, en movementos tectónicos (elevación e
afundimento de bloques asociados á orixe das rías Galegas, que
se produciron dende mediados do terciario ó cuaternario (hai
millóns de anos).
O substrato xeolóxico
constitúeo case na totalidade o granito de dúas micas. O
relevo das lllas presenta dúas vertentes con características
morfolóxicas diferentes.
A vertente occidental, constitúe a costa
abrupta das illas onde a acción erosiva do mar da lugar a
altos acantilados e furnas. A vertente oriental caracterízase
por un perfil moito máis suave atopándose protexida da acción
erosiva do vento e do mar que permite a formacion de praias,
dunas e similares.
Os tipos de solos presentes
van ligados sobre todo á topografía. Nas ladeiras con fortes
pendentes predominan os solos esqueléticos; na vertente
occidental hai solos desenvolvidos sobre materiais
disgregados; nas áreas protexidas da erosión e con boa
cobertura vexetal aparecen "Cambisoles", mentres que no
litoral areoso existen "Arenosoles". Todos son, en xeral,
pobres e con poucas posibilidades. As illas Cíes presentan
aspectos que diferencian este territorio da maior parte da
Galicia atlántica e que condicionan as especies vexetais que
nelas se desenvolven. A escasa precipitación anual (877 mm,
case a metade do que chove en Vigo) e a notable seca estival,
dan lugar a unhas condicións equiparables ás das rexións de
clima mediterráneo.
Existe ademais un factor que
no arquipélago adquire unha especial importancia: a existencia
de ventos con altos contidos en sales, que afectan
negativamente ó desenvolvemento das árbores.
Flora
terrestre.
A actual cobertura vexetal das illas Cíes
pon de manifesto un avanzado estado de alteración producida
pola actividade humana aquí desenvolvida no transcurso do
tempo.
O medio forestal é o que presenta o
maior grao de transformación. A superficie arbórea autóctona,
formada polo cerquiño (Quercus pyrenaica) queda
reducida a escasos e pequenos núcleos illados mentres que
especies exóticas coma o piñeiro e o eucalipto ocupan preto da
cuarta parte da superficie do parque. Entre as especies do
mato dominado polo toxo (Ulex europaeus) e a carpaza
(Cistus salvifolius) hai que destacar a presencia de
especies de distribución mediterránea como a xesta mansa
(Osyris alba) ou a esparragueira (Asparagus sp.).
Outros medios como as praias, dunas e
acantilados aínda manteñen as súas interesantes comunidades
vexetais en bo estado de conservación. Nestes espacios atópanse
especies de alto valor biolóxico, ecolóxico e científico,
ben por seren endémicas do litoral galaico-portugués ou ben
por seren consideradas raras ou ameazadas.
De entre estas plantas hai que destacar
a presencia da herba de namorar (Armeria pungens), a
camariña (Corema album), tomiño bravo (Helichrysum
picardii virescens), carraspique (Iberis
procumbens), Calendula algarbiensis ou Angelica
pachycarpa.
Fauna
terrestre.
A gaivota clara patiamarela (Larus
cachinnans) é a especie máis abundante do Parque Natural,
con 22.000 parellas reproductoras que constitúen a máis
numerosa colonia mundial.
O corvo mariño cristado (Phalacrocorax
aristotelis), con 1.000 parellas reproductoras, constitúe
a máis numerosa colonia do suroeste europeo e unha moi importante
representación das poboacións mundiais desta especie.
Respecto do corvo mariño grande
(Phalacrocorax carbo) invernante, existe un durmideiro
de ata 1.000 aves utilizado por individuos da ría de Vigo e
desembocadura do Miño. Unha especie de certo parecido ós
pingüins, o arao (Uria aalge), antano moi abundante no
N.O. Ibérico, conserva actualmenle unhas escasísimas
representacións non reproductoras.
Finalmente crían, moi localizadas,
algunhas parellas de gaivota escura (Larus fuscus) e
mais de paíño (Hydrobates pelagicus), ámbalas dúas
escasas na Península Iberica.
A importancia das aves mariñas
posibilitou a declaración das lllas Cíes como ZEPA (Zona de
Especial Protección para as Aves) por parte do Estado español
e a Comunidade europea.
Outras aves de interese son o grupo das
rapaces (azor, miñato, falcón pelegrín,...) e as aves que
teñen como hábitat os acantilados (choia, cirrio real, corvo,
grallas, pomba brava ...). Gran cantidade de paxariños
nidifican, invernan ou descansan das súas viaxes migratorias
nestas illas.
O coello, o ourizo cacheiro e mais a
mítica lontra, outrora abundante e hoxe ocasional, son os
únicos mamíferos silvestres de certo porte presentes
actualmente. Introducida hai séculos, existe tamén unha
problemática poboación de rata común (Rattus
norvegicus). Os morcegos están representados cando menos
por dúas especies, existindo tamén outros micromamíferos.
Os anfibios, debido á escaseza de
augas, son infrecuentes, mentres que os réptiles manteñen
elementos interesantes, como o escáncer de 5 dedos
(Chalcides bedriagai) exclusivo de lberia e escasísimo
en Galicia ademais do lagarto arnal, lagartixa ou pequenas
cobras, todas inofensivas e non velenosas.
Fondos
submarinos.
Encóntranse nas lllas Cíes algúns dos
ecosistemas máis significativos das costas galegas, en canto a
flora e fauna submarinas se refire. O perímetro deste Parque
Natural integra gran variedade de biotopos costeiros e
mariños, entre os que destaca o espectacular bosque de algas
pardas dos xéneros Laminaria e Sacorhiza,
ademais de contar nos seus fondos con restos de valor
histórico e arqueolóxico.
O decreto de creacion do Parque xa contempla
unha franxa marítima de protección, que abrangue 100 m a partir
da baixamar viva equinoccial. Máis adiante en agosto de 1992,
a consellería de Pesca decreta a prohibición de exerce-la
pesca submarina en augas das illas Cíes, "en prol de protexe-los
recursos pesqueiros e marisqueiros así como de regular esta
práctica en zonas bioloxicamente sensibles" (DOGA 13/08/92).
Continuando con esta política de
protección e promoción racional dos recursos submarinos, a
Consellería de Pesca estableceu un Plan de Aproveitamento do
Percebe, en colaboración coa Confraría de Pescadores de
Cangas, que en breve se estenderá á cría do mexillón.
Historia e
cultura.
Dende moi antigo os homes visitaron e
habitaron as illas Cíes (antigamente Siccas, "áridas").
O primeiro asentamento evidente do que
se ten constancia data da idade do Bronce (entre 500 e 100
anos a.c.) e é o castro sito nas ladeiras do Monte Faro.
Os romanos tamén coñeceron as Cíes,
existindo escritos que falan delas, dos famosos autores
Estrabón, Plinio, ou Diodoro. Suponse incluso que Xulio César
pasou polas Cíes na expedición do ano 60 a.C., concretamente
sometendo aquí os herminios.
Na Idade Media viñeron ás Cíes os Normandos
e no século XI aparecen os primeiros eremitorios benedictinos.
A finais do século Xlll, vólvense ocupar os mosteiros de San
Martiño (illa Sur) e mais Santo Estevo (llla do Faro). No
século XIV as tres illas tiñan cadanseu mosteiro, xa non de
benedictinos se non de franciscanos. Na Idade Moderna (séc.
XVI) sábese da recalada do famoso pirata Francis Drake. En
1617 preséntanse piratas berberiscos e a principios de 1700
prodúcese un despoboamento das illas ata finais de século,
pola continuada presencia de corsarios e navíos de guerra
ingleses e franceses.
Na primeira metade do século XlX
pacifícase a situación, instalándose pesqueiras, almacéns e
carabineiros. Familias procedentes da península do Morrazo,
volven instalarse, vivindo da pesca, agricultura e gandería
caprina e ovina. Nesta época constrúese o faro de Monte Faro.
En 1840 ordénase a súa adscrición ó municipio de Vigo. Cara a
1970 son abandonadas definitivamente polos escasísimos
habitantes, comenzando, tamén por estas datas, o auxe
turístico, inda hoxe, en aumento. Na actualidade, tan só un
nativo e mais o servicio de gardería forestal permanecen todo
o ano nas illas.
En 1980 son declaradas Parque Natural e
dende 1984 son propiedade da Xunta de Galicia.
Normativa do
parque.
Lembre que non está permitido:
- Acampar fóra das instalacións autorizadas.
- Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
- Permanecer ou transitar con animais domésticos.
- Botar, deitar ou depositar calquera tipo de restos,
lixos, residuos ou entullos, fóra dos lugares adecuados para
tal fin.
- Matar, capturar, molestar ou ferir os animais
silvestres.
- Arrancar cortar ou estropear a vexetación.
- Acceder á Reserva de Aves Mariñas, sinalizada.
- Practicar a pesca submarina.
- Mariscar ou realizar calquera actividade extractiva no
litoral das lllas, o lago e primeiros 100 m de franxa
marítima de protección do Parque, cara ó mar (exceptúanse
autorizacións expresas ou actividades profesionais).
- Permanecer ou transitar con armas, arpóns, fusís
submarinos e outros utensilios similares.
- Instalar pancartas ou anuncios publicitarios.
- Utilizar megafonía, ruídos ou volumes de són que poidan
alterar a tranquilidade natural do lugar.
Número máximo de visitantes diarios,
2.200. Os grupos de máis de 10 persoas, que accedan por medios
privados, necesitarán autorización previa.
Extractado das ordes de 28/09/1982 (BOE
do (15/11/82) e do 07/08/92 (DOGA do 13/08/1992), e acordo coa
lexislación vixente, e mailo Réxime de Protección do Parque
Natural.
Datos
de interese.
- Parque natural das illas Cíes, promulgado o 17/10/80
(BOE do 15/11/80).
- Declarado Zona de Especial Protección para as Aves/ZEPA
(Comunidade Europea/Estado Español)
- Administrado pola Consellería de Medio Ambiente, a
través da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural, coa colaboración dunha Xunta Rectora.
Servicios
disponibles.
- Barco de pasaxe diario (Pascua e Verán).
- Cámping (800 prazas).
- Cruz vermella.
- Policía - Protección civil.
- Teléfonos públicos.
- Gardería forestal.
- Servicio de información.
- Bares e restaurantes.
Centro
de interpretación do parque natural.
Ubicado no antigo convento, consolidado
e reformado para este uso, ofrece información ó visitante,
sala de audiovisuais, exposicións de paneis e maquetas dos
elementos máis relevantes deste espacio natural.
Información:
Para calquera cuestión ou aclaración adicional
pode vostede dirixirse á:
Consellería de Medio Ambiente Centro de
Desenvolvemento Sostible S.X. de Información,
Formación e Tecnoloxía Ambiental
Solicitude
de información
San Lázaro s/n 15781 -
Santiago de Compostela (A Coruña) Tlf.: 981-541-763
Fax: 981-541-765 | |