Logo Consellerías


Navegador Navegador
  
  
      Conservación da Natureza

 

« Parque Natural "Monte Aloia" »

L_aloia.gif (12343 bytes)

Medio Físico.

Ubicación Tui (Pontevedra)
Superficie 746 Ha.
Data de declaración 4 de Decembro de 1978
Lexislación Real Decreto 3160/78 de Decembro

 

Orografía e xeoloxía

Baixo MiñoO Monte Aloia está enclavado na Serra do Galiñeiro e presenta un relevo accidentado con cotas que oscilan entre os 80 e os 629 metros do Alto de San Xiao, desde onde se domina un amplo tramo do Miño ata a súa desembocadura.

mapaSolos ácidos de escasa ou media profundidade sobre substrato granítico que aflora con frecuencia orixinando laxas e rochedos, elemento característico na paisaxe da comarca do Baixo Miño.

Hidrografía.

Xeoloxía_ HidrografíaCrúzano varios regueiros entre os que destacan o regueiro das Cabanas, o Deique e o das Tabernas.

Vexetación.

É abundante a vexetación arbustiva de toxo, queiruga, xesta e carpazas. Quedan algúns restos de caducifolio autóctono como carballeiras, sobreirais e vexetación de ribeira.

En 1910 comezou a repoboación do monte con piñeiros (do país, silvestre e radiata) e establecéronse masas de árbores exóticas dando lugar a un arboreto de grande interese.

VexetaciónExiste unha "senda botánica" que amosa ó visitante os elementos forestais salientables do Baixo Miño en Xeral e do Parque Natural en particular.

Fauna.

A máis abondosa é a típica de monte interior:

Mamíferos: raposo, coello, ourizo.

Aves: perdiz rubia, miñato común, lagarteiro, avelaiona.

Anfíbios: lagarto arnal, tritón verde.

Historia.

CoelloNon está claro se os seus primeiros poboadores foron gregos ou celtas. O certo é que apareceron restos prehistóricos moi interesantes, como machadas, muíños de man, cerámica,etc.,e especialmente dous achados arqueolóxicos que requieren unha adecuada datación e estudio científico: a Citania; ou restos dun poboado protohistórico, e a muralla ciclópea, de 1250 m. de lonxitude, que circunda a meseta superior.

 

Muralla CiclópeaHai quen atribúe o nome de monte Aloia á presencia da lexión romana V Alaudae.

Xa en época histórica hai constancia do uso que varias xeracións de tudenses fixeron do monte Aloia como refuxio contra sucesivas invasións de romanos (asóciase co monte Medulio de autores latinos), árabes, normandos, franceses e portugueses.

Monumentos e construccións.

Capela: reconstruída no 1713 sobre un templo románico.
Dedicada a San Xiao, ocupa o centro dun grande adro do que parte por unha banda unha escalinata de pedra ata a fonte do santo e pola outra, un Vía Crucis que culmina na Gran Cruz (1910).

Gran CruzMonumento ó enxeñeiro Areses.

Casa ForestalCasa forestal (1921) de curioso deseño realizado polo enxeñeiro de montes don Rafael Areses, e nova Casa Forestal e Sede da Xunta Rectora.

Miradoiros.

Muralla ciclópea.

Restos do poboado protohistórico, no "Alto dos Cubos".

Tradicción e lendas.

Xubileo: o 1.º domingo de xullo, con romaxe de grande afluencia, dedicado á Virxe das Angustias, na ermida de San Xíao (Pazos de Reis).

O primeiro domingo de agosto celébrase, asímesmo, a romanía de San Fíns (Rebordáns).

Ermida de San XiaoRogativas: a imaxe de San Xiao é obxecto de devoción na comarca polas súas virtudes taumatúrxicas (obtención de colleitas, curación de enfermidades, etc.).

Lendas: hai moitas referidas ó monte: as eguas do Aloia son fecundadas polo vento; na cama de San Xiao non medra a herba. Todas elas dan unha idea do carácter mítico que sempre tivo para os tudenses o monte Aloia, perdéndose o rastro da súa orixe na noite dos tempos.

Parque natural.

MiradoiroEstablecemento: a O. M. do 5-06-1935 declarouno sitio natural de interese nacional.

Declaración legal como parque natural: Real Decreto 3160, 4-XII-78.

Localización xeográfica: provincia de Pontevedra. Concello de Tui.

Propiedade dos terreos: entidade local menor de Pazos de Reis e Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Rebordáns.

Datos de interese.

Vías de acceso: desde a autoestrada Porriño-Portugal (A-66), desde a estrada Tui-Gondomar PO-340 e pola estrada local Gondomar-Prado-Tui.

Ano 1935Rede viaria interior: tramos de estrada asfaltada e uns 40 quilómetros de pistas ou carreiros aptos para o tránsito peatonal.

Interese turístico e recreativo: zonas de pícnic (mesas de pedra), amplas vistas panorámicas (sobre o baixo Miño, a cunca do río Louro e o océano Atlántico, ata as lllas Cíes); parque infantil; carreiros para paseos por zonas arboradas e ribeiras.

 

Area recreativaServicios:

  • bar (dan comidas) e servicios sanitarios.
  • zona de acampada
  • aparcamentos
  • centros de información ós visitantes


Información:

Para calquera cuestión ou aclaración adicional pode vostede dirixirse á:

Consellería de Medio Ambiente
Centro de Desenvolvemento Sostible
S.X. de Información, Formación e Tecnoloxía Ambiental

Solicitude de información
San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: