Logo Consellerías


Navegador Navegador
  
  
      Conservación da Natureza

 

« Rede Natura 2000 en Galicia »
Río Lérez

 

  • Superficie: 19  Ha.

  • Altitude media: 66 m.

  • Rexión bioclimática: Atlántica .

  • Concellos: Pontevedra, Campo Lameiro e Cotobade.

  • Data: 2001.

Mapa do LIC en formato DXF

Escala 1:50.000

Escala 1:5.000

O río Lérez ten a súa nacente a 900 m de altitude na Serra do Candán, posuíndo  unha lonxitude de 57 km, cunha conca de 449,5 km3 e unha sinuosidade de 1,48 e unha pendente media de 1,57. Recibe augas do rego Porto das Cubas, dos ríos Quireza, Riego Grande, Gargalláns, Tenorio, Almofrei, Fontáns e Berducido. 

Morfolóxicamente está sentado sobre bandas de quistos micácicos penetrados por filóns de seixos. A zona oeste entra en zona de granitos de dúas micas ou feldespáticas, e cerca da desembocadura gneis glandular.

 Hábitats

  • Bosques de ribeira con Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-padion, Alnion incanae e Salicio Bosques de carballos galaico-portugueses de Quercur robur e Quercur pyrenaica

  • Uceiras oromediterráneas endémicas con toxos

  • Uceiras secas europeas.

 Flora

Existen boas representacións de comunidades ribeireñas coma o Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae, sendo un curso fluvial cun bo potencial piscícola.

 Fauna

  • Rapina cincenta  ( Cirsus pygargus)

  • Cotovía (Lullula arborea)
  • Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus)

  • Falcón pelegrino ( Falco peregrinus)

  • Picanzo vermello( Lanius collurio)

  • Alavanco real (Anas  platyrhynchos)

  • Azor (Accipiter gentilis)

  • Moucho de orellas (Otus scops)

  • Andoriña das barreiras (Riparia riparia)

  • Fulepa amarela (Hippolais polyglotta)

  • Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrum-equinun)

  • Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)

  • Lontra (Lutra lutra)

  • Morcego rateiro grande (Myotis myotis)

  • Salamántiga galega (Chioglossa lusitanica)

  • Lagarto das silvas ( Lacerta schereiberi)

  • Salmón (Salmo salar)

  • Libélula (Macromia splendis)

  • Vacaloura (Lucanus cervus)

  • Rana ibérica



Información:

Para calquera cuestión ou aclaración adicional pode vostede dirixirse á:

Consellería de Medio Ambiente
Centro de Desenvolvemento Sostible
S.X. de Información, Formación e Tecnoloxía Ambiental

Solicitude de información
San Lázaro s/n
15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981-541-763 Fax: 981-541-765

MAPA DA WEB  |   INFORMACIÓN AMBIENTAL


 

© Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Medio Ambiente
Información mantida polo Centro de Desenvolvemento Sostible.
Última actualización: « »
Correo electrónico: webmaster.cma@xunta.es
URL: